Thursday 16 de May de 2024

O libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte, preséntase na Pobra


Adscrita á programación posta en marcha pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal con motivo do Día das Letras Galegas, neste 28 de maio terá lugar a presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte. Será no teatro cine Elma, ás 20.30 horas, en colaboración coa A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.

Intervirán, ademais da propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o escritor Antón Riveiro Coello.

O toque musical do evento virá da man de Mallou, formado por Sabela King e Benjamín Vázquez.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben realiza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 981831545.